InicioEconomíaConde di que a situación de Alcoa é "crítica" e urxe ao...

Conde di que a situación de Alcoa é “crítica” e urxe ao Goberno a aprobar o estatuto das electrointensivas

O conselleiro de Industria aféalle á oposición que permaneza "calada" ante o atraso da aprobación do documento

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, instou o Goberno estatal a “deixar as escusas” e “aprobar” xa o estatuto para as empresas electrointensivas que permita a continuidade dos postos de traballo neste sector.

O titular de Industria pronunciouse deste xeito en resposta a unha pregunta formulada no Parlamento galego pola deputada popular Marta Nóvoa, quen criticou que os grupos da oposición permanezan “calados” ante o atraso da aprobación deste documento, un “agravio” que, segundo indicou, se suma “ao peche da central das Pontes“.

En fronte, o conselleiro asegurou que a situación de Alcoa, que insiste en que a produción de aluminio primario é “inviable” cos actuais prezos da enerxía eléctrica, “especialmente crítica” e lamentou que as medidas trasladadas recentemente polo secretario xeral de Industria á empresa fosen “insuficientes”. Tras iso, Conde criticou que agora o Executivo estatal garde “silencio” e subliñou que Galicia necesita “un marco enerxético estable”. Ademais, lembrou que a política en materia de enerxía é “competencia do Estado”. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...