InicioEconomíaO comité de Alcoa agarda que o estatuto "dea solución" ás empresas...

O comité de Alcoa agarda que o estatuto “dea solución” ás empresas electrointensivas

Gonzalo Caballero asegura aos traballadores que o documento sairá a exposición pública "nos próximos días"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa da factoría de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, José Antonio Zan, confía en que a próxima semana o goberno aprobe o estatuto para empresas electrointensivas, que permitiría abaratar os custos da enerxía eléctrica e que favorecería a viabilidade da planta de aluminio da Mariña Lucense, considerada “inviable” pola multinacional co actual prezo da luz.

Zan puntualizou que, tras unha reunión este martes da mesa de seguimiento por Alcoa, coñeceuse que “a Unión Europea deu o visto bo a ese estatuto. Estamos esperando a ver se o publican ou o fan público”, sinalou.

Logo desa reunión, considera que “para a semana que vén seguramente se aprobe no Consello de Ministros ou o fagan público definitivamente. Non sabemos como o farán. Esperamos poder falar sobre un contido que agardamos que dea solución ás empresas electrointensivas”, abundou.

En relación ao “publicado”, sobre as compensacións por emisións indirectas de “CO2 e as rebaixas en renovables“, Zan sinalou que saben “que é catro euros menos de apoio á industria do que era antes. Estamos pendentes do que traia o estatuto porque só con iso xa non é que non chegue, é que se queda catro euros máis curto”, lamentou.

MOBILIZACIÓNS

Pese ao estatuto, o presidente do comité de empresa de Alcoa avanzou que seguirán coas mobilizacións, que volverán poñer en marcha o venres no municipio de Xove coa distribución de “lazos azuis e o reparto de carteis (reivindicativos) polos comercios“.

“A idea é que calquera persoa que pase pola Mariña saiba que hai un problema que non está solucionado por parte do Goberno, e seguiremos insistindo en que necesitamos dunha forma urxente un estatuto que sexa viable no tempo e que sexa viable en competitividade senón ímolo a pasar bastante mal”, concluíu.

CABALLERO AFIRMA QUE O DOCUMENTO “TERÁ TODAS AS GARANTÍAS XURÍDICAS”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, avanzou este mércores aos traballadores de Alcoa San Cibrao que o estatuto do consumidor electrointensivo farase público “de forma inminente”, coa súa saída a exposición pública “nos próximos días”.

Así o trasladou nunha reunión na que incidiu en que o Goberno central “cumpre co seu compromiso” ao publicar unha medida “favorable ás empresas que son grandes consumidoras de enerxía” e que inclúe “unha batería de instrumentos de apoio á industria”, como “compensacións ao CO2 e axudas ás renovables”, indica o PSdeG nun comunicado.

“O estatuto contará con todas as garantías xurídicas e cumprirá coa normativa e as indicacións das institucións europeas”, detallou Cabaleiro, quen tamén se comprometeu a “seguir traballando polas medidas necesarias para manter o emprego” de Alcoa San Cibrao, así como para manter a presión “sobre unha empresa que recibiu axudas millonarias durante anos“.

Na reunión, ademais do secretario xeral dos socialistas galegos, tamén participaron o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, a secretaria xeral do PSdeG de Lugo, Patricia Otero, o secretario de organización do PSdeG, José Antonio Quiroga, a deputada no Congreso Ana Prieto e alcaldes socialistas da comarca.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...