InicioEconomíaVillares, sobre o estatuto das electrointensivas: "faltan 50 millóns que non son...

Villares, sobre o estatuto das electrointensivas: “faltan 50 millóns que non son de Alcoa, son da Mariña”

O alcalde de Cervo pide á poboación da comarca "que estea en alerta e se mobilice"

Publicada o

- Advertisement -

O alcade de Cervo, o popular Alfonso Villares, insistiu en reclamar á poboación da Mariña Lucense “que se poña en estado de alerta e se mobilice” para que o Goberno central redacte un estatuto das electrointensivas “que permita a Alcoa estar en igualdade de condicións coas súas empresas competidoras no resto de Europa“.

O rexedor cervense sostén que no borrador do estatuto presentado polo Goberno central, ao que Alcoa, os sindicatos e os Gobernos de Galicia, Asturias e Cantabria presentaron alegacións, “faltan en torno a 50 millóns que antes viñan a parar á comarca” e insiste no argumento de que ese diñeiro “repártese entre o resto de empresas, principalmente ubicadas no País Vasco e Cataluña, que ademais non son electrointensivas. Eses cartos non son” da multinacional, dixo, “senón de todos os mariñaos, pois repecurten directamente en todas as familias da comarca”.

Villares remarcou que “xa non se trata dun tema fundamentalmente de Alcoa, pois Alu Ibérica, a empresa que se fixo cargo das plantas de aluminio de A Coruña e Avilés ven de anunciar que cos prezos establecidos con este estatuto é absolutamente imposible producir aluminio”.

O alcalde de Cervo concluíu que “no momento que se perdan os postos de traballo que agora mesmo forman Alcoa e as súas auxiliares, non só se verán afectadas as familias, senón que directa e indirectamente o impacto negativo se vai estender ata o resto de empresas da comarca, administracións públicas e servizos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...