InicioEconomíaA paralización da actividade non afectará ás electrointensivas, segundo a SER

A paralización da actividade non afectará ás electrointensivas, segundo a SER

Á espera da publicación oficial do Real Decreto aprobado polo Goberno, empresas como Alcoa poderán continuar coa produción, segundo avanzou a canle de radio estatal

Publicada o

- Advertisement -

O Real Decreto Lei aprobado este domingo en Consello de Ministros para paralizar a actividade produtiva en servizos “non esenciais”, a fin de tentar conter a propagación do coronavirus, non afectará aos traballadores da industria electrointensiva, siderúrxica e de altos fornos e mineira, segundo a Cadena SER.

Cando aínda non se publicou no Boletín Oficial do Estado (BOE) a documentación oficial pola cal se aprobará un permiso retribuído recuperable para que os traballadores das actividades consideradas non prioritarias, a fin de que queden nas casas entre os días 30 de marzo e 9 de abril, a canle de radio estatal pendurou na súa web supostamente o documento, no que se inclúe un anexo do que se desprende que empresas como Alcoa estarán incluídas entre as 40 excepcións recollidas polo Goberno central. Podes consultalo nesta ligazón.

A EMPRESA AMÓSASE CAUTELOSA

Consultadas ao respecto, fontes da empresa amósanse cautas ao respecto e aseguran que non teñen “información oficial” sobre a normativa. A multinacional expuxo o pasado sábado a súa “incerteza” sobre a situación da planta de aluminio de San Cibrao, cuxas 480 cubas de electrolise requiren de continuidade. O comité de empresa afirmou tamén que “non contempla” unha parada da produción “o vindeiro día 30”, pois apagar as series dun xeito abrupto ocasionaría “un dano irreversible” á maquinaria.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...