O grupo Riesgo merca as plantas de Avilés e A Coruña para impulsar a produción e “manter o emprego”

O conglomerado de empresas adquiriu a maior parte do paquete accionarial de Alu Ibérica

Concentración na Coruña de obreiros de Alu Ibérica, antiga Alcoa A Coruña. REBELIÓN ALUMINIO

Grupo Industrial Riesgo adquiriu a maior parte do paquete accionarial de Alu Ibérica, a nova propietaria das antigas plantas de Alcoa na Coruña e Avilés (Asturias), co obxectivo de impulsar a actividade destas instalacións industriais.

Nun comunicado, Alu Ibérica sinala que Parter Capitalo fondo de investimento suízo que adquiriu estas plantas a Alcoa para asegurar o futuro da súa actividade tras a retirada da multinacional estadounidense produtora de aluminio, decidiu integrar a Grupo Industrial Riesgo como socio “estratéxico”.

Segundo a nota, a idea deste conglomerado de empresas é reindustrializar ambas as plantas, asegurando que o seu obxectivo é garantir o mantemento de todos os postos de traballo, tanto en Galicia como en Asturias, sobre todo ante a actual situación xerada pola crise do coronavirus. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here