InicioEconomíaAlcoa volve aos beneficios no primeiro trimestre grazas á venta dunha planta...

Alcoa volve aos beneficios no primeiro trimestre grazas á venta dunha planta e anuncia máis peches

A multinacional avanza a clausura da súa fundición en Washington malia que as contas entre xaneiro e marzo ofreceron un beneficio neto atribuído de 80 millóns de dólares

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa, o maior productor estadounidense de aluminio, obtivo un beneficio neto atribuído de 80 millóns de dólares (74 millóns de euros) no primeiro trimestre de 2020, o seu primeiro resultado trimestral positivo nun ano. Este comportamento contrasta coas perdas de 199 millóns de dólares (184 millóns de euros) do mesmo periodo de 2019, grazas ao impacto positivo de atípicos, incluíndo a venda de activos, informou a multinacional, que acometerá varias medidas de axuste para facer fronte á crise do coronavirus.

As contas de Alcoa entre xaneiro e marzo de 2020 incorporan un efecto positivo de 122 millóns de dólares (113 millóns de euros) por elementos extraordinarios, incluíndo a venda da planta de tratamento de residuos de Gum Springs (Arkansas). Sen ter en conta atípicos, Alcoa rexistrou perdas axustadas de 42 millóns de dólares (38,8 millóns de euros), en liña coas perdas axustadas de 43 millóns de dólares (40 millóns de euros) do mesmo periodo de 2019.

“Aínda que rexistramos un primeiro trimestre sólido, cun forte balance de liquidez, o mundo cambiou de xeito fundamental debido á pandemia do coronavirus e estamos adoptando medidas decisivas para abordar esta crise”, declarou o presidente e conselleiro delegado de Alcoa, Roy Harvey. “En conxunto, estas novas iniciativas coas xa adoptadas, incluíndo a venda de Gum Springs, darán como resultado 900 millóns de dólares (821 millóns de euros) de liquidez no ano”, engadiu.

DESPIDO DE 700 OBREIROS EN INTALCO

Neste sentido, a compañía, propietaria da planta de San Cibrao (Lugo), anunciou o peche da súa fundición de Intalco, en Washington, que emprega a 700 traballadores e que rexistrou perdas de 24 millóns de dólares (22 millóns de euros) no primeiro trimestre. Alcoa asumirá un impacto negativo de 25 millóns de dólares nas súas contas do segundo trimestre en relación coa reestruturación da planta e as indemnizacións ao persoal.

Así mesmo, a multinacional continúa a revisión da súa carteira de activos para reducir os custos e obter unha “rentabilidade sostible”, incluíndo vendas potenciais de activos non estratéxicos para xerar entre 500 e 1.000 millóns de dólares de efectivo a principios de 2021, así como unha avaliación da competitividade das capacidades de produción existentes.

PLAN DE AXUSTE

En outubro do pasado ano, Alcoa anunciara un plan de axuste cun prazo de cinco anos que incluía o probable peche de plantas, o que fixo temer en San Cibrao pola planta de aluminio, que a multinacional ameaza con clausurar sen un abaratamento da enerxía eléctrica.

Doutra banda e en resposta á pandemia, a compañía reducirá en 100 millóns de dólares (92 millóns de euros) os seus gastos de capital non esenciais, ademais de aprazar 220 millóns de dólares (203 millóns de euros) en contribucións a pensións.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...