InicioEconomíaA Xunta elude reclamar a Alcoa que manteña a reparación de cubas

A Xunta elude reclamar a Alcoa que manteña a reparación de cubas

Conde responsabiliza ao Goberno de "dar respostas" aos obreiros das auxiliares, dos que alomenos 43 veranse afectados polo recorte da multinacional

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia elude mediar no conflito laboral aberto nas auxiliares de Alcoa, co anuncio de Expedientes de Regulamento Temporal de Emprego (Ertes) en Cyrgasa e Reymogasa que afectarían a un total de 43 traballadores. Despois dunha reunión telemática co comité de empresa do complexo industrial de San Cibrao, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apuntou ao Goberno para esixirlle “respostas” ante a decisión tomada pola multinacional, instándoo a aprobar o estatuto do consumidor electrointensivo e a “poñer fin a esta desconexión cunha industria estratéxica para a economía galega”.

Tras unha entrevista na que tamén participou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, Conde non se referiu nun comunicado enviado á prensa á solicitude expresada polo comité de empresa, que instou ao Goberno galego a mediar para impedir que Alcoa execute o recorte das tarefas de rebrascaxe, aquelas que serven para reparar a maquinaria de electrolise, o que suporía perder “entre seis e sete cubas mensuais”, segundo a propia multinacional.

Os sindicatos das auxiliares temen que a eliminación destes contratos supoña unha perda maior de persoal á dos 43 obreiros afectados de forma directa, porque estas tarefas supoñen unha inxección económica importante e fixa, de ata un “90% da facturación total” en empresas como Reymogasa, segundo o comité.

A multinacional xustificou o recorte na “caída do prezo do aluminio, dun 20%, e na baixada da demanda”, cuestións que “non amortigua”, segundo a compañía, o descenso no custo da enerxía, que no pasado mes de marzo alcanzou os 27,72 euros o megavatio/hora, unha cifra moi por debaixo do que demanda Alcoa.

“SEN ESTATUTO, ALCOA NON TERÁ CONTINUIDADE”

Eludindo pronunciarse sobre a petición do comité, Conde apunta ao Goberno. “Esperamos que se poidan recoller as alegacións presentadas pola Xunta e se aprobe un estatuto das empresas electrointensivas cun prezo competitivo e estable. Sen el, Alcoa San Cibrao non terá continuidade”, asegurou.

“A demanda dos traballadores e da Xunta é compartida para que o Goberno recolla estas propostas e a produción de aluminio primario poida continuar na planta”, indicou.

O conselleiro cualificou o momento de “crítico e preocupante” e insistiu en que o Goberno debe “blindar” o futuro dos traballadores.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...