InicioEconomíaVestas nega que os tres despedimentos respondan a un axuste produtivo

Vestas nega que os tres despedimentos respondan a un axuste produtivo

A empresa confirma que cesou aos tres obreiros "por motivos disciplinarios", sen aclarar que comportamentos propiciaron a medida

Publicada o

- Advertisement -

Vestas expuxo este domingo a súa versión dos feitos nun comunicado de prensa despois de que os sindicatos denunciasen tres despedimentos que considera “improcedentes” ao xustificalos a compañía en “motivos disciplinarios” cando “non constan faltas nin infraccións”.

A empresa asegura que “os tres despedimentos anunciados esta semana son de carácter disciplinario e non responden a ningún tipo de reaxuste de produción que poidan afectar ao persoal, na que non prevemos cambios significativos durante os próximos meses”. O comité enmarcara os despedimentos nun contexto de anuncio de derrogación da Reforma Laboral, e lembrara que Vestas se comprometeu a garantir os postos de traballo a principios de ano, cando houbo catro cesamentos por unha baixada produtiva.

Sen aclarar os actos que motivaron os despedimentos por indisciplina, Vestas remarca que “tanto a dirección da fábrica de Viveiro como os seus traballadores están realizando un gran esforzo para cumprir o plan de produción previsto para este ano e evitar contaxios, mantendo un ambiente de traballo seguro con múltiples medidas excepcionais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...