InicioEconomía(VÍDEO) Barricadas de pneumáticos á entrada de Alcoa para rexeitar despedimentos

(VÍDEO) Barricadas de pneumáticos á entrada de Alcoa para rexeitar despedimentos

Os obreiros cortaron o acceso ao complexo industrial a primeira hora da mañá, nunha xornada na que aprobarán un calendario mobilizacións contra o anuncio da multinacional

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores de Alcoa San Cibrao iniciaron a primeira hora da mañá deste venres os actos de protesta despois de anunciar a multinacional que pretende iniciar un despedimento colectivo na planta de aluminio primario do complexo industrial, co despedimento de 534 obreiros de 633, máis do 84% do persoal da factoría.

Os obreiros montaron barricadas de pneumáticos na vía de entrada do complexo industrial, cortando o acceso ao mesmo. Os sindicatos reuniranse este venres para aprobar un calendario de protestas tralo anuncio realizado por Alcoa, que consideran “arbitrario” e “vergoñento”. O programa de reivindicacións do persoal estará condicionado, polo de agora, polo estado de alarma, que limita as reunións multitudinarias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...