A filla dun ex obreiro de Alcoa reúne nun día unhas 5.000 sinaturas contra o peche de aluminio

Ana Isabel Dopico iniciou unha petición en Change.org para evitar o despedimento colectivo de 534 traballadores en San Cibrao. "O meu pai traballou durante anos alí. Por iso sei o esencial que é o traballo que ofrece a planta para as familias dos arredores", explica.

Manifestantes protestan en Ribadeo contra o despedimento colectivo en Alcoa San Cibrao. CARLOS CASTRO/EUROPA PRESS

Ana Isabel Dopico, filla dun ex traballador de Alcoa, puxo en marcha unha recollida de sinaturas online contra o peche da fábrica de aluminio de San Cibrao logo de que a multinacional estadounidense anunciara un despedimento colectivo de 534 empregados. Nas primeiras 24 horas, a petición acumulou 4.800 apoios e agora anda polos 5.200.

O escrito, publicado na plataforma Change.org, está dirixido á ministra de Industria, Reyes Maroto, co obxectivo de evitar a clausura da fábrica de aluminio de San Cibrao, na que só quedaría operativa a fundición, segundo a empresa.

“O MEU PAI TRABALLOU ALÍ. POR ISO SEI O ESENCIAL QUE É”

O texto que compartiu esta veciña da Mariña remarca que esta fábrica de Alcoa é “a base da economía dunhas 100.000 persoas”, á vez que lembra que supón “un terzo” do PIB da provincia de Lugo. “O meu pai traballou durante anos alí, por iso sei o esencial que é o traballo que ofrece a planta para as familias dos arredores”, apunta a creadora da petición no comunidado.

Tal como di, Alcoa ten “unha incidencia moi grande para Lugo pola proporción de habitantes que hai na provincia, máis grande incluso   que outros casos como pode ser o peche de Nissan en Barcelona. Por iso é tan importante que siga coa súa actividade”, conclúe.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here