InicioEconomíaO comité de Alcoa prepara protestas "espectaculares e máis contundentes"

O comité de Alcoa prepara protestas “espectaculares e máis contundentes”

Os sindicatos queren deixar claro "o problema social" que significaría o peche de aluminio e esixen ao Goberno "unha intervención temporal" que dea viabilidade á empresa

Publicada o

- Advertisement -
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao prepara máis protestas “sorpresivas e espectaculares” para os próximos días, despois da mobilización con milleiros de persoas do pasado domingo na que cortaron a autovía A-8 á altura de Ribadeo. Tralo anuncio da empresa da súa intención de iniciar un despedimento colectivo de 534 traballadores na fábrica de aluminio do municipio de Cervo, o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, explica queseguirán “facendo accións cada vez máis fortes e contundentes”. O obxectivo é deixar claro “o problema que xeraría o peche” da planta.

AGRADECEMENTO POLO APOIO SOCIAL

“Temos toda unha comarca e unha provincia loitando de xeito conxunto“, remarca, tras recibir o domingo o apoio de “máis de 8.000 persoas“, afirmou. O presidente do comité de empresa tivo palabras de agradecemento para “toda a xente” que os está “apoiando”. “Imos saír adiante deste problema que xerou o Goberno”, sostén.
Segundo o líder sindical da fábrica de San Cibrao, estas protestas deben facer “recapacitar o Executivo central” e apostar por unha “intervención temporal” con “parte ou a totalidade do accionariado” para dar “unha viabilidade á empresa”. Unha medida que os traballadores prevén demandar este mércores nunha reunión co Ministerio de Industria.

NACIONALIZACIÓN E INTERVENCIÓN

Zan lembra que o comité non pide a “nacionalización”, senón “unha intervención temporal”, que é o que permite a Unión Europea. O que necesita a empresa é “diñeiro no accionariado e poder tomar medidas desde o seu consello de administración”.

Con todo, subliña que isto non serviría de nada “se non hai un marco enerxético estable e competitivo” para o futuro da fábrica.

E é que o representante dos traballadores censura que o Goberno “leva anos facendo oídos xordos” á problemática de Alcoa, polo que a comarca da Mariña sae a manifestarse para dicir “xa abonda”.

O PECHE DE ALUMINIO TERÍA UN EFECTO “DEVASTADOR” NA COMARCA

Avisa de que o dano á provincia sería “devastador” se pecha a planta de aluminio, e é o “Goberno o que ten que darse conta disto. O que está a facer o Executivo de España é que tardemos moito máis en saír da crise económica na que estamos”, agrega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...