InicioEconomíaO comité, ante a posible venda de Alcoa: "o importante é garantir...

O comité, ante a posible venda de Alcoa: “o importante é garantir o 100% da produción e empregos”

Os sindicatos reuniranse este xoves coa dirección da multinacional en España, a quen lle pedirán que retire os 534 despedimentos anunciados

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, recordou que “os traballadores non lle poden dicir ao Goberno quen ten que dirixir ou quen non” a planta da Mariña Lucense, de xeito que ante unha posible venda da fábrica, esixen que se garanta a produción de aluminio primario e o mantemento dos postos de traballo.

“Nós aí non imos entrar. Non lle podemos dicir ao Goberno quen ten que dirixir e quen non” a factoría, dixo Zan, porque “aos traballadores o nome que poña na etiqueta dános igual”.

Preferimos ser estatais“, dixo Zan, quen se mostra partidario dunha “intervención” pública da planta por parte do Estado, pero tamén recoñeceu que os traballadores non “poden esixir esas cousas”.

O que si demanda o comité de empresa é unha solución que garanta o mantemento “ao 100% da produción” de aluminio primario na planta do municipio de Cervo e, consecuentemente, a conservación de todos e cada un dos postos de traballo.

Tamén, recordou, “un marco enerxético estable” para as empresas electrointensivas e “investimentos” de futuro por parte das compañías que se acollan ao mesmo.

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dixo onte no Congreso dos Deputados, en resposta a unha pregunta formulada polo deputado do BNG Néstor Rego, que o Executivo está nestes momentos “buscando investidores” para a planta de aluminio primario que a multinacional Alcoa ten en San Cibrao, nun intento por evitar o peche da factoría, manter a produción e conservar os empregos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...