InicioM.ambiente e PatrimonioEsixen os avais depositados por Alcoa ante un hipotético derrube da balsa...

Esixen os avais depositados por Alcoa ante un hipotético derrube da balsa de lodos

A SGHN pide á Xunta que, de abandonar a empresa, garanta "a descontaminación" do depósito de residuos, unha "bomba de reloxería" de 87 hectáreas e con cinco anos de vida útil

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) solicitoulle á Xunta de Galicia acceso aos informes elaborados polos seus inspectores ambientais sobre a balsa de lodos vermellos -que son os residuos procedentes do procesado da bauxita para obter alúmina– construída en Cervo, así como información sobre os avais depositados pola multinacional para facer fronte a un hipotético derrube.

AFECTACIÓN SOBRE “NÚCLEOS, EXPLOTACIÓNS E O ECOSISTEMA MARIÑO”

A SGHN, asociación independente e científica dedicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio natural recorda que si esa balsa chega a romperse podería afectar “a núcleos habitados, explotacións acuícolas e a todo o ecosistema mariño“, polo que lle pide á Xunta de Galicia que adopte todas as “medidas legais para bloquear os bens e activos de Alcoa co fin de garantir a descontaminación integral das súas instalacións e a estabilización da balsa de lodos coas mellores técnicas dispoñibles a nivel mundial”.

AUDITORÍA EXTERNA

Ademais, reclama “unha auditoría externa sobre o estado e a estabilidade da balsa, preferiblemente por parte dun organismo público de recoñecido prestixio, como o Instituto Geológico y Minero de España“.

De feito, recorda que, “máis aló das graves consecuencias” que pode supoñer para a economía da zona o peche da planta, a SGHN afirma que “o abandono sen máis das instalacións de Alcoa deixaría unha bomba de reloxería ambiental, que urxe avaliar e desactivar con cargo aos recursos económicos da empresa“.

ATA 2025

Precisa que a balsa de lodos vermellos, proxectada inicialmente para unha capacidade máxima de 42 hm3, ocupa “actualmente unha superficie dunhas 87 hectáreas, ten un dique de contención de máis de 80 metros de altura e un quilómetro de lonxitude na súa coronación”.

Recorda, así mesmo, que “segundo declaracións de Rubén Bartolomé, antigo director da planta de San Cibrao e presidente de Alcoa España entre 2015 e 2019, a vida útil da balsa remataría no 2025“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...