InicioEconomíaObreiros de Alcoa cortan a Autovía do Cantábrico en Vilalba

Obreiros de Alcoa cortan a Autovía do Cantábrico en Vilalba

Centenares de traballadores interrompen o tráfico con barricadas de pneumáticos ardendo á altura da rotonda de Santaballa, onde conflúen a A-8 e a AG-64

Publicada o

- Advertisement -

Obreiros de Alcoa San Cibrao e empresas auxiliares cortan arestora, desde as 11.00 horas deste venres, o tráfico en ambos os sentidos da circulación na A-8, no quilómetro 576, ao seu paso polo municipio lucense de Vilalba. Centenares de traballadores concentrábanse á altura da rotonda de Santaballa, onde a Autovía do Cantábrico conecta coa AG-64, que comunica a vila chairega con Ferrol.

Como nas últimas accións de protesta organizadas polo comité de empresa, os traballadores formaron barricadas con rodas, ás que logo prenderon lume.

O comité de empresa segue coas súas accións de protesta para esixir a continuidade da produción e dos empregos na planta de aluminio, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de ata 534 obreiros e de alomenos outros 400 de empresas auxiliares.

Publicada por Cig Alcoa San Cibrao en Viernes, 19 de junio de 2020

Os participantes na protesta berraron consignas como ‘enerxía solución‘, ‘onde está o estatuto‘, ‘a solución: unha intervención‘, ‘ministra Ribera, ao ERE ti primeira, ministra Maroto non nos vendas a moto‘ ou ‘Xunta, escoita, A Mariña está en loita‘.

Os traballadores tamén levantaron un ‘Congreso dos Deputados‘ de cartón que finalmente queimaron, co que reclamaron que se interveña a fábrica para evitar a perda produtiva e de emprego: ‘queremos volver a Inespal‘, podía lerse, en referencia a que o complexo era público ata a súa privatización no 1997.

OS SINDICATOS URXEN AO GOBERNO A ESTABLECER UN MARCO ESTABLE DA ENERXÍA

“Imos facer máis presión e a partir de que notificaron a apertura do proceso formal” do despedimento colectivo. “Quédanos un mes de negociación segundo a reforma laboral e de aí ao final imos pelexar a morte”, avanzou o presidente do comité, José Antonio Zan (CC OO).

“O que sabemos é que necesitamos un marco enerxético para que Alcoa ou calquera comprador poida producir. O Goberno comprometeu un estatuto das electrointensivas que dese viabilidade a este tipo de empresas e hai 18 meses que unha ministra (a de Industria, Reyes Maroto) nos di cada semana que para a seguinte”, criticou Zan.

Xosé Paleo (CIG), reforzou a idea de que o que precisa a planta de aluminio “é unha tarifa estable do prezo da luz”, que supón o 40% dos gastos produtivos da factoría. “Sacar a interrompibilidade sería continuar cunha morte lenta, o que necesitamos é que quen queira producir poida pensar cara o futuro“.

ASEMBLEAS ESTE VENRES E ANDAINA O SÁBADO

Os sindicatos convocaron ao persoal este venres, ás 13.00 e 15.00 horas diante do complexo industrial, en senllas asembleas para explicar o plantexamento de Alcoa e a estratexia a seguir a fin de presionar á multinacional e ás Administracións -Xunta de Galicia e Goberno central- para que dean unha solución ao conflito laboral.

Para o sábado, os traballadores convocaron unha andaina nocturna, desde a fábrica ata o parque de San Cibrao.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...