Feijóo reta ao Estado: “que nacionalice Alcoa mañá mesmo, eu estaría de acordo”

O presidente da Xunta apunta o Goberno e matiza que "a solución máis lóxica" ao ERE presentado pola multinacional en San Cibrao é unha rebaixa do prezo da enerxía eléctrica

Feijóo, no Parlamento. EFE/LAVANDEIRA JR.

O presidente da Xunta de Galicia, o popular Alberto Núñez Feijóo, retou esta mañá ao Goberno central a que “nacionalice Alcoa mañá mesmo”, pois “eu estaría de acordo”, afirmou, despois de que o Galicia Confidencial lle preguntase se apoiaría esta medida para evitar o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional na planta de aluminio de San Cibrao, que suporía máis de 900 despedimentos entre obreiros directos e traballadores de auxiliares.

A proposta de Feijóo pode interpretarse como un xiro radical, dada a clara posición manifestada pola Xunta de Galicia no conflito laboral, oposta ao Goberno central e en liña coa empresa para reclamar incentivos a fin de aliviar o alto prezo da enerxía eléctrica, como a poxa de interrompibilidade, ou máis ben como un desafío ao Executivo central, a quen o Goberno autonómico responsabilizou da crise da planta. De feito, insistiu que “o máis razoable” é que a saída ao conflito laboral veña a través “dun prezo entre os 30 e os 35 euros o megavatio”. Le a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here