InicioEconomíaFeijóo reclama ao Goberno que "deixe de enganar" con Alcoa e salve...

Feijóo reclama ao Goberno que “deixe de enganar” con Alcoa e salve os empregos

Tras unha reunión co comité de empresa, o presidente da Xunta afirma que se hai un prezo da enerxía entre os 30 e os 38 euros/MWh, "poderá conseguirse outro operador"

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, reclamou ao Goberno central que “deixe de enganar” e dea unha solución “inmediata” para evitar o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) na planta de Alcoa en San Cibrao e para darlle viabilidade á súa actividade no futuro.

Nunha rolda de prensa tras unha reunión de máis de dúas horas con representantes do comité de empresa de Alcoa, Feijóo volveu dar o seu apoio a unha “intervención temporal” da empresa, mentres non se establece unha tarifa enerxética que lle permita seguir funcionando.

O martes está convocada unha reunión entre o Goberno central e os traballadores e o presidente galego reclamaron que dese encontro se saia cun prezo de entre 30 e 38 euros para a enerxía. Con ese prezo, afirmou, a Xunta está “convencida” de que poderá conseguirse outro operador, se Alcoa segue sen estar interesada.

Con todo, o presidente galego explicou que si o Goberno precisa “aínda máis tempo” para fixar este novo marco enerxético, a Xunta propón que o Goberno central destine parte do fondo aprobado para empresas estratéxicas con problemas de solvencia pola Covid-19 ao “rescate” temporal da factoría de aluminio de San Cibrao da multinacional Alcoa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...