InicioEconomíaO peche da Mariña altera o calendario de protestas e reunións do...

O peche da Mariña altera o calendario de protestas e reunións do comité de Alcoa

Os sindicatos cancelan a manifestación prevista na Coruña para o día 10 e buscan alternativas para a entrevista presencial convocada o martes polo Ministerio de Industria

Publicada o

- Advertisement -

Os traballadores da planta de Alcoa en San Cibrao suspenderon a protesta que tiñan prevista para o vindeiro venres na Coruña tras coñecerse a decisión da Xunta de Galicia de pechar a comarca da Mariña, onde se atopa a empresa, durante o próximos cinco días debido ao brote de coronavirus rexistrado.

O peche condiciona a loita do comité de empresa e do persoal despois de que Alcoa presentase un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que ameaza 534 postos de traballo na factoría máis outros 400 en auxiliares e que se atopa en fase de negociacións.

Ademais, o vindeiro martes, os traballadores tiñan previsto manter unha reunión en Madrid co secretario xeral do Ministerio de Industria, Raül Blanco, á que tampouco poderán desprazarse coas restricións á mobilidade impostas ao distrito sanitario da Mariña. Para este encontro están “a buscar solucións“, indicou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...