InicioEconomíaO comité de Alcoa chama a saír ás fiestras e encher as...

O comité de Alcoa chama a saír ás fiestras e encher as rúas da Mariña de ruído de potas

As protestas serán ás 22.00 horas, desde hoxe e diariamente, para reclamar unha solución ao despedimento de máis de 900 obreiros da factoría e auxiliares

Publicada o

- Advertisement -

O comité de Alcoa San Cibrao convocou para este martes (22.00 horas) á veciñanza da Mariña a que, dado que as restriccións na comarca ao movemento das persoas e ás reunións de máis de dez cidadáns non convivintes non permiten as protestas, participen desde as súas ventas e balcóns dunha ‘caceirolada‘ para reclamar unha solución ante o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional, que suporía o despedimento de 534 traballadores na planta de aluminio e outros 400 obreiros en empresas auxiliares.

Este tipo de protestas, que non poñerán en risco a saúde dos veciños da Mariña Lucense, que padece un dos brotes de coronavirus máis importantes do Estado, repetiranse diariamente.

ISOTRON E OBREIROS CHEGARON A UN ACORDO PARA EVITAR O ERTE

Por outra bada, obreiros e Isotron, empresa auxiliar de Alcoa, chegaron a un acordo para evitar o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) barallado despois de que a multinacional decretase a paralización das actividades “non esenciais” dentro do complexo industrial de San Cibrao a fin de evitar contaxios. O Xornal da Mariña publicou por erro que o Erte -que suporía a suspensión de once contratos– fora aprobado, pero finalmente un pacto entre os traballadores e a patronal evitará esta medida.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...