InicioEconomíaProtesta "sorpresa" este martes en Alcoa cun ollo no Congreso, onde se...

Protesta “sorpresa” este martes en Alcoa cun ollo no Congreso, onde se debaterá a intervención da fábrica

Os traballadores solicitan á empresa o aprazamento da reunión prevista dentro do período de consultas do ERE e a ampliación do proceso "un mes máis"

Publicada o

- Advertisement -

O comité de empresa de Alcoa en Cervo solicitou o aprazamento da reunión prevista para mañá en Lugo dentro do período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola multinacional, que suporía o despedimento de 534 obreiros na planta de aluminio outros 400 en empresas auxiliares, e a ampliación das negociacións durante “un mínimo dun mes”, dada “a cantidade de información que a compañía nos trasladou e a que queda por enviar”.

Dirección de Alcoa España e comité prevían reunirse mañá no restaurante Los Robles de Lugo, pero os traballadores pediron o aprazamento, unha petición tamén relacionada coas restriccións ao movemento existentes na Mariña polo brote de coronavirus, á que a compañía se nega, aludindo que ofreceu a posibilidade de realizar unha xuntanza telemática. Os sindicatos descartan esta opción; “é incrible que se nos ofreza unha videoconferencia para un ERE desta dimensión”, aseguraron en rolda de prensa.

No tocante ao prazo do período de consultas, Alcoa condiciona calquera medida para estirar as negociacións a “que se avance” no proceso. Unha condición que os obreiros rexeitan, dado que entenden que por parte da compañía non hai vontade negociadora se non de consumar o ERE: “o que para a empresa é avanzar para nós é todo o contrario”, espuxeron.

Así as cousas, este martes os focos recaerán de novo sobre a situación da planta de aluminio, cunha xuntanza prevista que probablemente non se celebrará, un debate no Congreso co gallo dunha iniciativa para a nacionalización ou a intervención temporal de Alcoa presentada polo deputado, Néstor Rego, e o anuncio dos traballadores de que realizarán un acto reivindicativo “sorpresa”, despois de votar coa roupa de traballo e da carreira celebrada este luns.

Precisamente, segundo concretaron os sindicatos, máis de 500 traballadores e familiares percorreron 1.591 quilómetros.

RECLAMAN A FEIJÓO QUE “CUMPRA AS PROMESAS DA CAMPAÑA”

En relación coa intervención, e cun ollo sobre a postura do Goberno, que é quen “debe posicionarse” sobre este asunto, os sindicatos pediron tamén ao presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijoó, que lles “solucione a papeleta e se acorde” deles.

Neste sentido, o presidente do comité, José Antonio Zan, solicitou ao candidato popular que tras gañar as eleccións, “non se esqueza das promesas electorais que realizou durante a campaña e manteña o seu apoio á intervención parcial da fábrica”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...