InicioEconomíaCentos de obreiros reclaman na Coruña solucións para a industria electrointensiva

Centos de obreiros reclaman na Coruña solucións para a industria electrointensiva

Traballadores de Alcoa e auxiliares participaron na protesta, na que a Policía cargou contra os manifestantes á entrada da Delegación do Goberno

Publicada o

- Advertisement -

Centos de obreiros das empresas electrointensivas galegas, entre elas Alcoa, manifestáronse este venres na Coruña para reclamar “valentía política” á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado, para fixar un prezo da luz que favoreza a continuidade desta industria ou para a intervención pública daquelas plantas en risco de peche, como a de aluminio de San Cibrao, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía o despedimento de 900 traballadores, entre operarios da fábrica e das contratistas.

Nunha protesta convocada por CC OO, CIG e UGT, os tres grandes sindicatos a nivel galego, con presenza de obreiros de Alcoa, na Mariña, e das súas auxiliares, así como de Alu Ibérica, na Coruña, de Ferroatlántica de Cee e Sabón, ademais de Celsatlantic, participaron na manifestación, que transcorreu entre petardos e bucinas desde a sede da Delegación da Xunta ata a do Goberno.

Os manifestantes lanzaron decenas de ovos á fachada da Delegación do Goberno e poucos minutos despois, á entrada do edificio, axentes da Policía cargaron contra os participantes na marcha, que gritaban ‘Nin un paso atrás’.

SEN NOVAS DO ESTATUTO

En declaracións aos medios, o secretario nacional da Federación de Industria da CIG, Xoan Xosé Bouzas, denunciou a falta de noticias sobre o estatuto da industria electrointensiva comprometido polo Goberno central.

Desde Comisiones Obreras, o seu responsable de Industria, José Hurtado, esixiu aos políticos “porse o calzón do traballo”, reclamou.

Pola súa banda, o secretario auxiliar metal de UGT-FICA Galicia, Eladio Quelle, apuntou que é o Goberno o que ten “potestade” para fixar unha tarifa eléctrica, pero alertou de que a Xunta “ten moito que dicir. Están a desmantelar o sector e hai que facer algo, seguir batallando”, engadiu.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...