O Principado repoboará a ría con 100.000 ameixas

A confraría de Figueras colaborará na semente dos xuvenís, procedentes do criadeiro de Castropol

Mariscadores na ría de Ribadeo. EUROPA PRESS

O Principado de Asturias acometerá o vindeiro luns unha repoboación de ameixa fina na ría de Ribadeo. A Consejería de Desarrollo Rural y Recursos Naturales, a través da Dirección General de Pesca Marítima, sementará 100.000 exemplares procedentes do criadeiro do Centro de Experimentación Pesquera de Castropol.

Os exemplares teñen unha idade de nove meses e unha talla de sete a dez milímetros. Os xuvenís serán protexidos cunha malla de cobertura por un prazo de dous meses, unha protección que se retirará posteriormente para facilitar a dispersión das ameixas. O colectivo de mariscadores da confraría de Figueras prestará a súa axuda nesta tarefa.

HAI EN ESPERA 450.000 EXEMPLARES MÁIS

A do luns será a segunda actividade deste tipo que se realiza este ano na ría. Con esta semente, o Principado de Asturias segue coas repoboacións de ameixa, que permitiron liberar 150.000 exemplares no presente 2018 e outros 200.000 no 2017. O criadeiro de Castropol mantén na actualidade unha reserva de 450.000 xuvenís de ameixa fina. A idea do Goberno autonómico de Asturias é liberar esta cantidade nos vindeiros meses nas rías de Villaviciosa e Ribadeo, a medida que os exemplares acaden a talla precisa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here