InicioEconomíaO comité pide á Xunta que confirme se hai un investidor para...

O comité pide á Xunta que confirme se hai un investidor para esixirlle a Alcoa a paralización do ERE

Sindicatos e dirección da multinacional reúnense de novo este martes dentro do período de consultas do despedimento colectivo

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O comité de Alcoa San Cibrao considera que agora o máis inmediato para evitar o despedimento de máis de cincocentos traballadores da planta de aluminio primario e outros 400 en empresas auxiliares é que o investidor supostamente interesado na compra da fábrica “póñase en contacto coa Xunta e esta verifique que lle pode esixir á empresa que paralice” o Expediente de Regulación de Emprego (ERE).

Así o explicou o presidente do comité, José Antonio Zan, antes de entrar este martes nunha nova reunión do proceso de consultas do ERE, que se está desenvolvendo esta mañá en Lugo e na que participan representantes da dirección da multinacional en España.

“A cousa vai mellor. Nós mantémonos con cautela ata que non teñamos algo por escrito e vexamos unha solución que sexa factible, clara e concreta”, sinalou Zan.

O COMITÉ QUERE A PROPOSTA DE COMPRA “EN PAPEL”

O presidente do comité insistiu na necesidade de ter a proposta para unha posible compra da fábrica “en papel”.

Ata que iso suceda, “seguimos como estabamos”, remarcou Zan, “porque agora mesmo imos entrar a negociar nunha reunión do proceso de consultas dun ERE. Non estamos aquí de visita”, remarcou.

Na mesma liña, afondou en que “ata que ese investidor se poña en contacto coa Xunta e esta verifique que lle pode esixir á empresa que paralice este proceso, seguimos igual que estabamos”.

O OBXECTIVO É EVITAR A PARADA DE CUBAS

Ademais, recordou que “a empresa desde o principio dixo que estaba disposta a vender, pero a condición de que as cubas estivesen paradas e nós sempre lle dixemos que iso mataba o proceso produtivo” de aluminio primario na fábrica de San Cibrao.

“Temos claro que se hai un socio investidor ou calquera outra alternativa para saír disto, porque hai tamén outras alternativas”, é “por onde temos que buscar solucións”, engadiu.

Desde o seu punto de vista, non se poden conformar “coa solución que a empresa impón”, que pasa “pola parada de cubas e a parada da produción“.

“Vemos a situación como hai tres días. Hai que seguir pelexando e hai seguir loitando. Só podemos saír deste buraco no que estamos pelexando e loitando. Non nos queda outro remedio”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...