Concedida a licenza urbanística para a nova nave de Bloques Cando en Mondoñedo

A empresa construirá unha planta destinada á fabricación de formigón para posterior distribución en obra

Nave de Bloques Cando. AXM

A xunta de goberno de Mondoñedo aprobou a concesión da licenza urbanística a Bloques Cando S. L. para a súa instalación no polígono. Deste xeito, conclúese un proceso que se viu afectado pola suspensión dos prazos administrativos que trouxo consigo a pandemia sanitaria do coronavirus.

O polígono industrial contará así con tres parcelas máis con actividade. Concretamente, a aposta desta firma conleva a implantación nunha superficie, que supera os 3.100 metros cadrados, dunha planta destinada á fabricación de formigón para posterior distribución en obra. O proceso de implantación leva aparellado tamén a creación de novos postos de traballo de forma directa e indirecta, xa que a súa posta en marcha require a contratación de persoal tanto para operar na planta en si, como para a distribución do material.

O Concello de Mondoñedo remarca que é “un paso máis” para o desenvolvemento económico e empresarial do municipio, despois de que “o goberno local puxese en marcha unha liña de axudas para o fomento de actividades económicas no parque empresarial”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here