InicioEconomíaSánchez: "non nos desentendemos de Alcoa, negociamos coa empresa"

Sánchez: “non nos desentendemos de Alcoa, negociamos coa empresa”

O presidente do Executivo estatal foi interpelado no Congreso polo deputado do BNG, Néstor Rego

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, dixo este mércores que o Executivo “en absoluto” se desentende da planta de Alcoa en San Cibrao, en Lugo, senón que está negociando coa compañía, e pediu a colaboración da Xunta de Galicia.

Sánchez, durante a súa comparecencia no Congreso para explicar os últimos consellos europeos, respondeu así á intervención do deputado do BNG, Néstor Rego.

E, neste punto, aproveitou para preguntar si se empregarán fondos europeos para intervir e nacionalizar empresas estratéxicas en crise, como é o caso de Alcoa San Cibrao, e para avisar de que o seu partido estará atento a que o reparto das axudas se faga “con xustiza e compensando os déficits históricos” de Galicia.

O presidente do Executivo central apelou ao Goberno galego para “remar todos xuntos e defender esta empresa e esta industria”.

Alcoa ampliou, ata o próximo 4 de agosto, o período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) do despedimento colectivo contemplado para a única fábrica de aluminio primario que queda en España. As negociacións mantéñense encalladas dado que a multinacional insiste en parar as cubas de electrólise antes de adoptar calquera decisión sobre unha posible venda ou continuidade da planta, o que os obreiros queren evitar pois suporía “a morte” da fábrica.

O complexo industrial de San Cibrao, asentado entre os municipios de Xove e Cervo, na Mariña lucense, está composto por unha fábrica de aluminio e unha planta de alúmina, que empregan a 633 e 510 persoas, respectivamente, e representa un terzo do produto interior bruto (PIB) da provincia de Lugo.

O despedimento colectivo presentado en aluminio suporía, ademais de 534 despedimentos na factoría, a supresión doutros 400 postos de traballo en auxiliares, segundo estiman os sindicatos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...