InicioEconomía(CON VÍDEOS) A loita dos traballadores de Alcoa ilumina a noite de...

(CON VÍDEOS) A loita dos traballadores de Alcoa ilumina a noite de Santiago

Centos de obreiros, acompañados de familiares e veciños da comarca, concentráronse na Praza do Obradoiro para reclamar unha solución ao ERE

Publicada o

- Advertisement -

Centos de traballadores de Alcoa San Cibrao, familiares e veciños da Mariña Lucense tomaron este venres a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Vestidos coa roupa de traballo os obreiros, todos con luces para iluminar a noite na contorna da Catedral, as persoas que participaron na concentración reclamaron unha vez máis unha solución para a planta de aluminio, onde a multinacional presentou un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que suporía máis de 900 despedimentos entre a factoría e a industria auxiliar.

Enerxía solución‘, ‘a solución, unha intervención‘ ou ‘as cubas non se paran‘ foron algunhas das consignas proferidas polos manifestantes, que fixeron soar os seus cascos baténdoos contra o empedrado.

A protesta anticipa unha nova semana de tensións e negociacións polo futuro da planta de aluminio. Os traballadores reuniranse o luns con Alvance/Liberty House, o grupo interesado en mercar a planta.

Tamén retomarán, por outra banda, as conversas con Alcoa dentro do período de consultas do despedimento colectivo, que remataría o 4 de agosto, á espera de que o Goberno central convoque a mesa multilateral para tentar que a multinacional dea marcha atrás na súa intención de parar as cubas de electrólise.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...