InicioEconomíaO comité europeo de Alcoa alerta do impacto en Europa dun posible...

O comité europeo de Alcoa alerta do impacto en Europa dun posible peche de San Cibrao

Os sindicatos a nivel continental consideran que obreiros de Madrid, Hungría e Holanda poderían verse afectados pola parada das cubas

Publicada o

EFE. O Comité de Empresa Europeo (CEE) de Alcoa considera que o cesamento da produción de aluminio primario en San Cibrao é “negativo” e responde a unha “decisión estratéxica de nivel corporativo” que non ten en conta “o potencial da factoría e as “graves consecuencias económicas e sociais para toda unha rexión” e para outros países europeos.
Así o afirmou o presidente do CEE de Alcoa, Stial Nordan Jensen, nunha carta que enviou aos comités de empresa locais e aos sindicatos que representan aos empregados de Alcoa, en relación ao peche da fábrica e ao consecuente cesamento das cubas proposto pola empresa, que suporía a perda de 900 empregos tanto na factoría como nas empresas auxiliares.

RECLAMA UNHA POLÍTICA INDUSTRIAL “ACTIVA A NIVEL ESTATAL E EUROPEO”

Segundo o comité existe “unha gran necesidade dunha política industrial activa a nivel nacional e europeo para defender os empregos”, xa que considera que traballadores de Madrid, HungríaHolanda poderían verse afectados polo peche da fábrica de aluminio primario.
“A perda substancial de produción e emprego en Europa que a proposta causaría, levará a unha redución das actividades nos postos de traballo e en postos de responsabilidade, especialmente no centro de servizos compartidos en Hungría”, di o comité, que engade que “os gastos xerais das outras plantas terán que aumentar”, polo que, en calquera caso, “terá un efecto nos demais países europeos“.
O CEE de Alcoa lembra na carta que a reorganización da produción “podería dar lugar á rescisión de ata 534 contratos de traballo” e ademais “estarían en xogo outros 400 postos de traballo das empresas subcontratistas”. Na carta, o comité apoia aos “colegas” españois para manter os postos de traballo na rexión galega e mostra a súa preocupación sobre a estratexia industrial de Alcoa en Europa: “a empresa segue interesada en Europa como base para a produción, ou só como mercado para vender produtos importados?”, pregúntase no escrito.

CONTRAINFORME

O comité pediu a Syndex un contraperitaxe que estudase as posibilidades de manter a planta aberta, á vez que Alcoa xa comezara negociacións locais sobre os despedimentos, que terían un prazo legal de tres semanas, pero que finalmente se ampliaron ata o 4 de agosto. Así, a opinión do CEE e o informe do Syndex teñen aínda “un papel fundamental” nas negociacións locais, afirma o director do comité de empresa europeo de Alcoa, que considera que as disputas coa xerencia da empresa “poderían evitarse” se se involucrou aos empregados “nunha etapa máis temperá do proceso” e se se prestara ” máis atención ao impacto desta decisión na xente e a comunidade“.
O CEE de Alcoa considera que os custos de pechar temporalmente as cubas “poderían ser máis altos que mantelas en funcionamento” e que unha estimación xusta indicaría que “se se puidese atopar un comprador nun prazo de 30 a 40 semanas que continuase coas cubas en funcionamento”, á empresa sairíalle máis barato que pechar. “Mesmo sen considerar os efectos externos na rexión (axustes na subministración de electricidade, desemprego dos subcontratistas) hai unha sólida razón económica contra o peche temporal das cubas”, explica o comité.

RECLAMA A ALCOA QUE COPERE PARA UNHA VENDA COAS CUBAS OPERATIVAS

E é que para este organismo, a combinación dunha planta de aluminio primario e unha refinería é un “punto forte”, aínda que a proposta pon en risco o futuro a longo prazo da fundición. Ademais, supón “un paso máis no enfraquecemento da base industrial de Europa, sucumbindo ao xogo de poder doutros actores globais como China“, asegura. “Está Alcoa disposta a cooperar na procura dun comprador ou investidor? Pódese chegar a un acordo para manter as cubas abertas sen detelas sequera temporalmente?” preguntou o comité á dirección de Alcoa, co obxectivo de que a empresa atope unha solución que satisfaga a todos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...