(VÍDEO) ‘A fábrica que é’, segunda parte das reportaxes audiovisuais sobre Alcoa

Obreiros e sindicalistas analizan a situación da planta de aluminio, ameazada de peche pola multinacional

David del Río, traballador de Alcoa. JUAN MAYA

JUAN MAYA. A Mariña vive días incertos pola situación da planta de aluminio de Alcoa, onde a multinacional presentou un ERE que suporía o apagón da electrólise, o corazón do complexo industrial de San Cibrao, e máis de 900 despedimentos entre a factoría e empresas auxiliares.

Xornal da Mariña iniciou no pasado mes de xullo unha serie de reportaxes audiovisuais sobre o conflito laboral en aluminio. Podes ver a primeira peza sobre as orixes do complexo industrial, ‘A fábrica que foi‘, nesta ligazón.

Na segunda parte abordamos con obreiros e representantes sindicais as dúas últimas décadas, nas que -especialmente desde o ano 2012, coa fin da tarifa G4 e o inicio da problemática da enerxía eléctrica- a incerteza vén planeando sobre o complexo industrial de Alcoa.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here