InicioEconomíaA Xunta: "non podemos parar o ERE, só velar porque o período...

A Xunta: “non podemos parar o ERE, só velar porque o período de consultas sexa garantista”

O conselleiro de Industria admite agora que a titular do complexo industrial "quere marchar de Galicia"

Publicada o

- Advertisement -

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quixo aclarar o papel da Xunta de Galicia, como autoridade laboral, para apuntar que “non hai ningunha potestade xurídica para poder parar o Expediente de Regulación de Emprego (ERE)” de Alcoa.

Nunha entrevista coa Radio Galega, Conde explicou que a autoridade laboral “non pode autorizar ou desautorizar o ERE”, senón que o seu labor é o de velar por que o período de consultas fose “garantista“, para o que se emitiron ata “seis advertencias” co fin de “garantir que se estaba traballando de boa fe”.

Agora, a empresa comunicará á autoridade o resultado desas consultas e se houbo “acordo ou desacordo”. Iso si, a Xunta constatou que Alcoa “non ten un problema estrutural“, polo que “si se pode dar continuidade á actividade industrial sen necesidade de parar as cubas”.

Así, considera que este xoves se debe finalizar a negociación do ERE e, a partir de aí, “hai unha empresa que quere marchar de Galicia, que se chama Alcoa”, e hai outra interesada en comprar, “que se chama Liberty House“, polo que apela a “axuntar os intereses de comprador e vendedor”.

ALCOA “EQUIVOCOUSE” AO NON ASISTIR Á MESA MULTILATERAL

Así mesmo, Conde considera que Alcoa “equivocouse” ao non asistir á reunión da mesa multilateral convocada o mércores polo Goberno, “porque o que toca agora é buscar solucións” e “non é o momento de enrocarse na súa posición e impedir que se produzan avances”. “Onte perdeu unha oportunidade para sumarse ao esforzo de todas as partes”, agrega. Máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...