As confrarías do Cantábrico Noroeste cítanse en Viveiro os días 4 e 5

A Cidade do Landro acollerá un encontro no que se abordarán temas como os descartes, o regulamento de control ou o plan de xestión do caladoiro

A Interfederativa de 2017 celebrouse en Burela. AXM

Viveiro acollerá esta semana a cuarta Interfederativa de Confradías de Pescadores del Cantábrico Noroeste, unha cita que se celebra de novo na Mariña Lucense, pois a anterior foi en Burela, no pasado mes de novembro.

Participarán no evento os presidentes, ademais doutros representantes, das agrupacións de pósitos de Gipúscoa, Biscaia, Cantabria, Asturias, Lugo, A Coruña e Pontevedra, así como a Federación Galega.

O encontro celebrarase no Hotel Thalasso Cantábrico de Covas o 4 e o 5 de outubro. Na xuntanza analizaranse temas de interese das flotas artesáns, como problemas actuais e principais retos de futuro.

XOVES

A xornada técnica do xoves abrirase ás 16.00 horas. Os representantes das oito federacións de confrarías abordarán temas coma os descartes, as medidas técnicas, o regulamento de control ou o plan de xestión do caladoiro.

VENRES

Para o venres queda unha reunión de traballo entre as confrarías e representantes das administracións pesqueiras de España e das comunidades autónomas do Cantábrico.

AUTORIDADES

Neste acto está prevista a asistencia da secretaria xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz; a conselleira de Mar, Ana Rosa Quintana, en representación da Xunta de Galicia, e os directores de pesca de Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here