InicioEconomíaA costeira do bonito deixou en Burela 3,076 millóns de facturación, polos...

A costeira do bonito deixou en Burela 3,076 millóns de facturación, polos case cinco do pasado ano

A escasa duración da campaña pola falta de cota impediu colleitar un maior beneficio, dado que o prezo medio do túnido alcanzou uns interesantes 4,03 euros

Publicada o

- Advertisement -

A costeira do bonito pechouse esta semana en Burela cuns datos que segundo o sector amosan a necesidade de ampliar a cota desta especie. O temperán peche da pesquería, debido ao rápido ritmo de consumo da pesquería, provocou que o volume de negocio deixado polo túnido fose sensiblemente menor ao de anos anteriores cando o prezo se mantivo en valores interesantes.

Neste 2020 descargáronse en Burela un total de 762.498 quilos de bonito, desde o 3 de xuño ao pasado martes. É unha cifra que dista moito da rexistrada o pasado exercicio, cando se alixaron arredor de 1.277.000 quilos. Malia o temperán inicio das vendas, o abrupto final -o pasado ano foi o 2 de setembro- fixo que a campaña durase menos cá pasada.

No tocante ao prezo medio, alcanzou os 4,03 euros, segundo os datos de Pesca de Galicia, fronte aos 3,89 euros do anterior exercicio. Un dato que permite pensar que, malia que a hostalería se resentiu este verán por mor do brote de coronavirus e polas restriccións de aforamento e horarios establecidas a fin de conter a pandemia, o bonito segue a ser unha especie demandada na lonxa de Burela.

Da cantidade total e o prezo medio deriva un volume de negocio de 3,076 millóns de euros, polos 4,961 do pasado exercicio. Case dous millóns de euros menos.

No tocante aos buques que venderon bonito na lonxa de Burela, foron 62, sete máis ca na pasada costeira. Continúa á baixa, con todo, a presenza de barcos locais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...