InicioEconomíaO comité de Alcoa quere de Liberty House "certezas" sobre Aluminio e...

O comité de Alcoa quere de Liberty House “certezas” sobre Aluminio e “compromisos por escrito”

Os sindicatos reuniranse o mércores co grupo interesado na fábrica para que aclare o seu proxecto no tocante á produción e os postos de traballo

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, confía en regresar o mércores de Madrid, onde os representantes do persoal manterán un encontro con delegados do grupo Liberty House, interesado na compra do complexo industrial da Mariña, con “compromisos” por parte desa multinacional “por escrito e asinados”.

Zan recoñeceu que o comité busca, sobre todo, “certeza sobre a produción” na fábrica de aluminio primario de San Cibrao e, consecuentemente, sobre o mantemento dos “postos de traballo“.

Por iso, os seus representantes viaxarán a Madrid coa esperanza de coñecer un “un plan de viabilidade, un plan de investimentos e un plan enerxético“, para facerse tamén á idea de cal será o camiño do complexo industrial no futuro, en canto á produción, ao diñeiro que hai que investir para facer viable a planta e con respecto ao marco da enerxía, para que fabricar aluminio sexa rendible na Mariña.

En canto ao posible comprador da fábrica, Zan dixo aos medios que é “unha empresa industrial que sabe o que hai que facer“, polo que espera que os seus representantes transmitan certezas aos traballadores nesa reunión.

A POTENCIAL INVESTIDORA PLANEA “MELLORAS NA FUNDICIÓN”

“Xa coñecemos algunhas pinceladas” do seu plan, dixo Zan, que contemplaría melloras “na fundición”, pero tamén no relativo “ao produto final, para mellorar a súa calidade e chegar a un abanico máis amplo de clientes”.

Trataríase, dixo, de fabricar “un produto con maior valor engadido. Nós estamos de acordo, pero que esas promesas se convertan en compromiso por escrito e asinados”, indicou. “Buscamos certezas”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...