Sancións, peláxicos ou a comunicación electrónica das capturas, preocupacións do sector pesqueiro

Nun encontro celebrado en Viveiro, as confrarías do Cantábrico Noroeste presentaron as súas reivindicacións ante as administracións

Basilio Otero, no centro con camisa branca. AXM

Viveiro acolleu a cuarta Interfederativa de Confrarías do Cantábrico Noroeste, que reuniu ás sete agrupacións de pósitos do caladoiro.

O xoves celebrouse unha xornada de traballo na que os dirixentes das confrarías puxeron en común as súas valoracións de temas como os descartes, medidas técnicas, o regulamento de control ou o plan de xestión do caladoiro.

O venres, o sector pesqueiro puido presentar as súas preguntas e reivindicacións a representantes das administracións. Acudiron ao encontro a secretaria xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, e Mercedes Rodríguez Moreda, directora xeral de pesca da Xunta de Galicia, entre outras autoridades.

MULTAS

As confrarías insistiron na revisión da catalogación das sancións que poden obrigar á devolución das axudas recibidas do Fondo Marítimo Pesqueiro, unha demanda xa plantexada noutras ocasións. Neste senso, plantexaron a posibilidade de compensar a multa de cabala con cota de bocarte.

RAIA E SARDIÑA

Os problemas derivados da xestión da raia ou da sardiña e a incidencia dos arrastreiros peláxicos irlandeses e franceses que condicionan a costeira do bonito foron algúns dos temas destacados.

MINIMIS

Tamén se preguntou sobre o criterio que se aplicará para delimitar a especie principal para a pesquería multiespecífica, á hora de computar o 1% de minimis.

DATOS DE PESCA

No tocante ao regulamento de control, unha das preocupacións do sector é a implantación dun sistema de comunicación electrónica de datos de captura para as embarcacións que non teñen esa obriga na actualidade. 4INTERFEDERATIVA_CONCLUSIONES2018+

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here