Primeiras protestas dos traballadores: non sairá aluminio de San Cibrao e folga indefinida desde o domingo

Os traballadores reclaman a Xunta e Goberno unha mesa tripartita e que "presionen" a Alcoa para evitar a parada das cubas

Asemblea dos traballadores de Alcoa. AXM

Ramón González Rey/EFE. Os traballadores de Alcoa San Cibrao decidiron este mediodía en asemblea, despois de que a reunión do comité de empresa coa dirección da multinacional para aplicar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) acabase onte pola noite sen acordo, impedir a saída de aluminio do complexo industrial.

Na mañá deste martes, traballadores de Alcoa e das empresas auxiliares que prestan servizo na factoría de San Cibrao prendían lume ao cartel de entrada ao complexo industrial e cortaban a primeira hora da mañá os dous principais accesos á fábrica.

(#VÍDEO 📹) #AMariña O cartel de #Alcoa, recentemente colocado trala queima doutro durante unha folga, volve arder. Os…

Publicada por Xornal da Mariña en Martes, 29 de septiembre de 2020

En poucos minutos, o cartel co logotipo de Alcoa Europe, situado na entrada ao complexo industrial, tanto á refinería de alúmina como á planta de aluminio primario, foi devorado polas chamas, ante a atenta mirada dos manifestantes, todos vestidos coa súa roupa de traballo.

Durante toda a mañá estivo cortado o acceso ao complexo industrial, e non se lle permitiu o “paso a ninguén”, nin “aos traballadores de auxiliares, nin á xente de quenda nin aos camións”, precisaron a EFE fontes do propio comité, ata a celebración da asemblea, que tivo lugar ás 13.00 horas.

PIDEN COLABORACIÓN AO PERSOAL NOS CORTES

Nesa asemblea, os traballadores tomaron a decisión de evitar a saída de aluminio do complexo industrial, aínda que se permitirá a entrada da materia prima necesaria para manter a actividade produtiva na fábrica.

#AMariña Multitudinaria asemblea ante a fábrica de #Alcoa, cunha mensaxe clara dos obreiros da factoría e de auxiliares: «as cubas non se paran».

Publicada por Xornal da Mariña en Martes, 29 de septiembre de 2020

Ademais, se non se produce ningún cambio sustantivo na actual situación, en catro días comezaría unha folga indefinida na fábrica. Polo de agora, continúa o paro nas contratistas, iniciado a semana pasada.

As 24 horas do día haberá unha carpa situada tanto á entrada principal coma en Lago, na que haberá seis membros do comité e outros tres sindicalistas de auxiliares. Os sindicatos solicitan aos traballadores que dediquen unhas horas do día a apoiar o corte coa súa presenza.

A VENDA OU A INTERVENCIÓN, OPCIÓNS POSIBLES

Desde o comité de empresa insístese na necesidade de que as dúas Administracións implicadas, tanto a Xunta de Galicia como o Goberno de España, manteñan durante os próximos quince días, os que ten Alcoa para comunicar o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) na planta de aluminio, a “presión” sobre a multinacional para que acceda a vender a factoría.

En caso de que a multinacional non dese o seu brazo a torcer, continúan, piden á Administración que interveña a planta para evitar a parada das cubas, garantir o mantemento da produción e, consecuentemente, dos postos de traballo.

CONFIRMAN QUE LIBERTY HOUSE “NON SE RETIRA” MALIA A RUPTURA DAS NEGOCIACIÓNS

Neste sentido, os sindicatos pediron a celebración dunha reunión tripartita coas dúas Administracións. Durante a asemblea, o comité confirmou tamén que Liberty House, o potencial comprador da planta, “non se retiramalia fracasaren as negociacións de venda, e mantén o seu interese pola fábrica. Fontes da siderúrxica británica non quixeron pronunciarse, a petición do Xornal da Mariña, sobre as conversas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here