InicioEconomíaExpectación nas auxiliares de Alcoa ante a reunión con Xunta e Goberno:...

Expectación nas auxiliares de Alcoa ante a reunión con Xunta e Goberno: “hoxe pode ser un día importante”

Outro milleiro de traballadores das contratistas vinculadas a San Cibrao participa na folga indefinida para reclamar a venda ou a intervención da planta de aluminio

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O voceiro da plataforma que agrupa ás empresas auxiliares do complexo industrial de Alcoa en San Cibrao, Kike Rocha, sostén que “hoxe pode ser un día importante” para o futuro da factoría, porque os traballadores que están en folga indefinida esperan novas da reunión co Goberno de España e a Xunta de Galicia.

Os traballadores de auxiliares, que suman outro milleiro de persoas vinculadas ao futuro de Alcoa, están participando cos seus compañeiros de persoal nas mobilizacións para reclamar unha solución que garanta a produción de aluminio primario na Mariña e o mantemento de todos os postos de traballo.

Do mesmo xeito que os traballadores do persoal de Alcoa, están participando nos campamentos montados nas dúas entradas principais da factoría para evitar a saída de aluminio do complexo industrial, onde onte comezaba unha folga indefinida que non afecta, en todo caso, ao funcionamento das cubas de electrólise.

Rocha, en declaracións a EFE, asegurou que “as noites son frías e as mañás complicadas“, pero o “ánimo” dos traballadores “está ben”, porque “confían en sacar isto adiante”.

“Hoxe pode ser un día importante”, engadiu, porque os traballadores esperan “novas positivas das reunión co secretario xeral de Industria e coa Xunta de Galicia”, un encontro que xerou moita expectación.

Afirmou que a “meta principal” do persoal e dos traballadores de auxiliares é conseguir unha “intervención pública” da fábrica, pero en ningún caso se negan a outras solucións, sempre que garantan a produción e o mantemento dos postos de traballo.

MÁIS DE 900 EMPREGOS EN ENTREDITO

Alcoa e sindicatos non chegaron a un acordo no período de consultas do Expediente de Regulación de Emprego presentado pola multinacional na planta de aluminio. A empresa negouse previamente a vender a factoría, rexeitando ofertas da siderúrxica británica Liberty House e da Sepi. A titular das instalacións podería comunicar nos vindeiros días un despedimento colectivo, que afectaría a máis de 900 empregos entre a factoría e a industria auxiliar; o persoal espera que as Administracións garantan o mantemento do emprego e da produción nunha fábrica chave para a comarca da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...