Alcoa anuncia o peche das fábricas da Coruña e Avilés

A dirección da multinacional do aluminio confirmou as sospeitas nunha reunión co comité europeo

Fábrica de Alcoa en San Cibrao. AXM

A dirección de Alcoa transmitiu na mañá deste mércores ao comité europeo da empresa a súa intención de pechar das fábricas da Coruña e Avilés.

Fontes sindicais verificaron este anuncio, que confirmou as peores sospeitas, logo de que a multinacional do aluminio citase para unha xuntanza aos comités de empresa das tres plantas españolas -a coruñesa, a avilesina e a de San Cibrao-.

UNS 700 OBREIROS

As plantas de Alcoa en A Coruña e Avilés xuntan entre si a 700 operarios fixos, arredor de 400 en Galicia e 300 en Asturias.

O alto prezo da factura eléctrica, logo da subasta da pasada primavera, e a suba do custo da alúmina, que se multiplicou nos últimos meses, espertaran a inquedanza entre os traballadores.

1 COMMENT

  1. AQUI TEMOS OS RESULTADOS DAS POLITICAS PEPEIRAS DE NEGARLLE A GALIZA E OS GALEGOS UNHA TARIFA ELECTRICA PROPIA E MAIS BARATA, NON PODE SER QUE OS MANDRILES PAGUEN MENOS QUE NA GALIZA ONDE SE PRODUCE E EXPORTA… PERO A BANDA FUNEBRE E ENTERRADORA DE GALIZA (PEPEIRO) NEGA A TAREFEA ELECTRICA GALEGA NEGA O ABARATAMENTO DA ELECTRICIDADE O POBO E INDUSTRIAS… AQUI ESTAN AS CONSECUENCIAS DO PEPEIRO DO LADROECIO!!!

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here