InicioEconomíaOs obreiros apelan ao Goberno e Alcoa di que a enerxía "non...

Os obreiros apelan ao Goberno e Alcoa di que a enerxía “non é o problema da Coruña e Avilés”

Os traballadores instan ao Executivo a abaratar a tarifa eléctrica, mentres que a multinacional asegura que na súa decisión teñen máis peso "motivos estruturais"

Publicada o

- Advertisement -

Alcoa comunicou este mércores aos representantes dos traballadores que iniciará o procedemento para pechar dúas das tres plantas coas que conta en España, as da Coruña e Avilés. A fábrica de San Cibrao quedaría á marxe dos despedimentos colectivos.

A multinacional do aluminio anunciou expedientes de regulamento de emprego (ERE) de extinción para as factorías avilesina e coruñesa, que contan con 317 e 369 obreiros, respectivamente.

Así, a multinacional iniciará un período de consultas cos comités de empresa das dúas fábricas. A primeira xuntanza será o 31 de outubro, a partir das 16.00 horas en Madrid, e a partir de entón haberá un máximo legal de 30 días para chegar a un acordo.

a primeira xuntanza entre a firma e os obreiros será o 31 de outubro e haberá 30 días de prazo para un acordo

MOBILIZACIÓNS

Os traballadores de Alcoa na Coruña concentráronse na tarde deste mércores diante da fábrica para frear a saída de camións e realizaron unha xuntanza para perfilar mobilizacións nos próximos días.

Os obreiros cren que a planta é viable e que os políticos “teñen capacidade para resolver este problema a través da tarifa eléctrica”, sinalou Juan Paseiro, delegado da UGT na fábrica coruñesa.

OS TRABALLADORES DA CORUÑA CORTARON O PASO DE CAMIÓNS E ANUNCIARÁN MOBILIZACIÓNS CONTRA O PECHE

Pola súa banda, os obreiros de Avilés negaron calquera posibilidade de acordo coa firma que non pase polo mantemento da factoría de San Balandrán.

MOTIVOS ESTRUTURAIS

Fontes de Alcoa, sen embargo, fan fincapé para xustificar o peche en “motivos estruturais. A enerxía é un problema a solucionar en San Cibrao, pero non é o que nos obriga a tomar esta decisión en Avilés e A Coruña”, expoñen.

alcoa asegura que quere pechar avilés e a coruña por “unha tecnoloxía menos eficiente” e “elevados custos fixos”

Alcoa xustificou a súa intención de pechar as fábricas en que “non son competitivas” debido á súa “menor capacidade de produción, cunha tecnoloxía menos eficiente” e os “elevados custos fixos”.

A COXUNTURA, “MENOS RELEVANTE”

A multinacional engade a estas dificultades “problemas externos de mercado”, como o “o prezo da enerxía” o “elevado custo das materias primas”, ou “a sobrecapacidade de produción de China”.

O prezo da tarifa eléctrica -que supón o 40% dos custos de produción das plantas- acadado na última subasta da enerxía foi insatisfactorio para a firma, que alude a problemas de competitividade por este motivo desde 2014, ano no que rematou a bonificación para as grandes consumidoras (G-4). A vindeira negociación será en decembro.

A ELECTRICIDADE OU A SUBA DO PREZO DA ALÚMINA SON FACTORES MENOS IMPORTANTES NA DECISIÓN, SEGUNDO A FIRMA

Neste senso, Alcoa xa ameazou en 2012 con pechar as súas plantas españolas e no 2015 plantexou un Ere de extinción, finalmente retirado, para as dúas fábricas que planea pechar.

Ademais, o custo da materia prima do aluminio, a alúmina, multiplicouse por dous e ata por catro nos últimos meses.

“PERDAS SIGNIFICATIVAS”

Sen embargo, fontes da empresa sinalan que “os problemas que acusan Avilés e A Coruña teñen que ver cos custos de produción destas plantas, máis antigas e tecnoloxicamente menos avanzadas”, que experimentaron “perdas significativas” nos dous últimos anos, que “previsiblemente continuarán”.

ALCOA ALUDE A PERDAS “SIGNIFICATIVAS” NOS DOUS ÚLTIMOS ANOS QUE “PREVISIBLEMENTE CONTINUARÁN”

“CENTRALIZAR A PRODUCIÓN”

Así, o texto de Alcoa resalta que os análises da multinacional “conclúen que se producirían melloras organizativas” de manter a produción nunha soa planta, a de San Cibrao, que fabrica alúmina e aluminio.

Sen embargo, a día de hoxe a empresa non baralla que poda haber recolocacións de traballadores en San Cibrao, de producirse o peche das fábricas asturiana e coruñesa.

“NERVIOSISMO” EN SAN CIBRAO

O anuncio sentou coma un xarro de auga fría entre os traballadores das tres fábricas españolas da multinacional.

Aínda que en principio a planta de San Cibrao será allea aos procesos de despedimento colectivo, “estamos nerviosos e intranquilos”, expón o presidente do comité sancibrense, Xosé Paleo, que sinala que os compañeiros de Asturias e A Coruña “terán todo o noso apoio nas súas reivindicacións”.

OS OBREIROS DE SAN CIBRAO ESTÁN “INTRANQUILOS” E CHAMAN áS ADMINISTRACIÓNS a que “ATOPEN UNHA SOLUCIÓN”

Paleo insta ás administracións a que, antes de que se inicie o proceso de despedimento colectivo, “atopen unha solución”, que ao seu xuízo pasa por acadar unha tarifa eléctrica máis competitiva.

José Luis Combarro, presidente do comité europeo de Alcoa, incide nesta idea e insiste en que é “un inconvinte que podería pasar factura a San Cibrao. Sería interesante que a Unión Europea poidese garantir un prezo similar para a enerxía en todos os países”, sinala.

SEN INVESTIMENTOS

Combarro tamén sintetiza un dos motivos que suscitou a preocupación nas tres plantas de Alcoa en España ao longo dos últimos anos.

“ALCOA non foi XENEROSA EN INVESTIMENTOS PARA FACER ESTAS PLANTAS MÁIS EFICACES”, SINALA O COMITÉ EUROPEO

“Alcoa quéixase de que as factorías de Avilés e A Coruña teñen un proceso de produción máis antigo e caro, pero tampouco foi xenerosa á hora de investir para que poidesen ser máis eficaces”.

En San Cibrao, explica, “tampouco houbo demasiadas inversións, só as necesarias e estratéxicas”, o que provoca incerteza. 

O GOBERNO PIDE Á EMPRESA “INFORMACIÓN”

O Goberno central emitiu un comunicado no que mostrou a súa “sorpresa e preocupación” xa que, “nos contactos mantidos ao longo dos últimos meses, Alcoa nunca informou de que podía tomar unha decisión neste sentido”.

A MONCLOA RESALTA QUE “NOS ÚLTIMOS CONTACTOS MANTIDOS” A EMPRESA “NON INFORMOU” SOBRE A POSIBILIDADE DE PECHAR AS FÁBRICAS

No texto, o Executivo resalta o carácter “unilateral” da decisión da multinacional e solicita á firma “máis información” para buscar unha solución.

ASTURIAS E GALICIA FARÁN “FRONTE COMÚN”

Os gobernos galego e asturiano acordaron buscar unha solución conxunta para o conflito laboral en Alcoa. Representantes dos partidos políticos e sindicatos manifestáronse ao respecto.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...