InicioEconomía"Estamos seguros de que nos concederán a cautelar", di o comité de...

“Estamos seguros de que nos concederán a cautelar”, di o comité de Alcoa

"É un fracaso para España ter que vir aos xulgados e poñer a tres xuíces ante o dilema de se vai continuar con vida unha comarca enteira como é A Mariña lucense", afirman os sindicatos

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, indicou este mércores, tras declarar na vista sobre as medidas cautelares para paralización do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), que están “seguros” de que lles concederán a cautelar porque “o argumento da multinacional é sempre o mesmo, que queren parar as cubas”.

En declaracións á prensa, no exterior da sé do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Zan condenou que a empresa “nunca pon sobre a mesa nada que non sexa a parada de cubas como condición para chegar a calquera solución”.

“Valoramos que é un fracaso para España que teñamos que vir aos xulgados e poñer a tres xuíces ante o dilema de se vai continuar con vida unha comarca enteira como é A Mariña lucense“, aseverou o presidente do comité.

Nesta liña, censurou “a inacción dos gobernos“, pois considera que a Xunta de Galicia e o Executivo central “son os que teñen que tomar a decisión de intervir a empresa” e son os que deben establecer que “cando a Socidade Española de Participacións Industriais (SEPI) entra a comprar unha empresa privada hai que vendela porque esa empresa está montada no chan que foi expropiado no seu día”.

“Non se pode permitir que unha multinacional americana poña de xeonllos á democracia española e a dous gobernos”, sentenciou Zan.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...