Máis de cen positivos en 24 horas na provincia; O Valadouro entra en alerta amarela

Un total de 53 lucenses con Covid-19 permanecen ingresados, 15 deles no Hospital da Mariña

Persoal do Hospital da Mariña realiza probas PCR. EFE/ELISEO TRIGO

O número de positivos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 1.109, 70 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas as PCR confirmaron 107 positivos novos.

Das 1.109 persoas contaxiadas, 53 permanecen ingresadas. No Hospital Público da Mariña son atendidos 15 pacientes con Covid-19, por 35 no HULA -entre eles, os cinco doentes da área sanitaria que requiren coidados intensivos– e tres no centro hospitalario de Monforte.

No histórico da pandemia documéntanse 101 falecementos, 3.552 altas e 4.761 casos acumulados. O número de PCR realizadas ascende a 84.131, polo que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.060 probas, cun porcentaxe de positivos superior ao 10%.

Respecto do mapa da situación epidemiolóxica, O Valadouro entra no nivel 1 de alerta -con entre 7 e 14 positivos na última semana-, no que permanecen Foz e Xove. Burela e Viveiro -que permanecerán confinados perimetralmente desde esta medianoite, cando deberá tamén pechar a hostalería destes municipios- seguen en alerta vermella, coma Cervo, por máis de 21 casos novos nese mesmo prazo de sete días.

CENTROS EDUCATIVOS

No tocante aos centros educativos da Mariña, na comarca localízanse os seguintes positivos:

BURELA E.I. Burela (Xunta) 1 (aula pechada)

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 6 (aula pechada)

BURELA IES Monte Castelo 3

BURELA IES Perdouro 2

FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 2

FOZ CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Pilar 2

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1

VIVEIRO CEIP de Celeiro 1

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 2

VIVEIRO CEP Lois Tobío 2

VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 2

VIVEIRO IES Vilar Ponte 1

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 2

XOVE IES Illa de Sarón 3

GALICIA SUPERA OS 10.000 CASOS ACTIVOS

Galicia superou os 10.000 casos activos de coronavirus Covid-19 tras situarse con 10.196 este venres, despois de confirmarse por PCR nas últimas 24 horas outros 685 contaxios.

Ata a data Galicia rexistrou 40.540 persoas contaxiadas por Covid-19 e 29.376 persoas curadas, o que supón 412 máis que este xoves. As PCR realizadas ascenden a 730.777, o que implica 7.865 máis que as contabilizadas ata a xornada anterior. En canto ás persoas falecidas con Covid-19 en Galicia, ascenden a 969 tras notificar a Consellería de Sanidade nove vítimas mortais na tarde deste xoves. Le a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here