InicioEconomíaO comité: "non ten sentido unha reunión sen avances, é hora de...

O comité: “non ten sentido unha reunión sen avances, é hora de que Alcoa e Goberno se posicionen”

Os sindicatos esperan que a empresa diga se acepta a oferta do persoal de levantar a folga a cambio de retirar o ERE; de non ser así, esperan de Xunta e Estado "solucións"

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, José Antonio Zan, afirmou, en relación coa reunión da mesa multilateral desta tarde, que “non tería sentido ningún” convocar unha nova reunión se non hai avances reais para salvar a produción de aluminio primario na Mariña.

“Todos os pasos están dados pola nosa banda”, dixo Zan a EFE, pero agora chegou o momento de que “o Goberno e Alcoa se sitúen” e digan “o que queren facer”.

De feito, Zan espera que a multinacional se pronuncie na mesa multilateral e diga se “acepta o ofrecemento do comité de empresa” para levar a “paz social” ao complexo industrial, co posible levantamento dunha folga indefinida que xa lle provocou á compañía “perdas superiores aos cincuenta millóns de euros”.

“Iso débeo dicir a empresa”, engadiu, e “vendo a súa reacción, esperamos que os Gobernos fagan algo que nos leve a unha solución”, porque “non tería sentido ningún” unha nova reunión para non avanzar nada.

Se iso fose así, “alguén tería un problema grave”, porque non poden “volver xuntarnos para contarnos o mesmo, para dicirnos que nós denunciemos e que eles nos apoiarán. Se é así, mal imos”, precisou.

De feito, insistiu en que “un Xulgado non pode dicir se vai haber aluminio en España ou non“, como moito valorar si existen “argumentos” para a aplicación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que pretende levar a cabo Alcoa e que deixaría na rúa a 524 traballadores da fábrica de aluminio, ademais de ter un impacto doutros 400 empregos na industria auxiliar.

“Non ten nada que ver coa decisión política de seguir apostando por producir aluminio, polo sector primario, por salvar unha comarca nuns tempos nos que non nos podemos permitir perder nada neste país”, concluíu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...