(VÍDEO) Sabela Blanco resume sete meses de loita obreira polo futuro do aluminio na Mariña

A fotógrafa cervense retrata as mobilizacións que, "con tanta forza e paixón", se fixeron nos pobos e vilas da Mariña, en Lugo, Santiago, A Coruña, Nigrán ou Madrid

Imaxe do vídeo. SABELA BLANCO

A fotógrafa mariñá Sabela Blanco publicou este martes un novo vídeo nas redes sociais que recolle a loita dos traballadores de Alcoa San Cibrao por manter a produción e o emprego na planta de aluminio primario, na que a multinacional presentou un expediente de regulación de emprego (ERE) que podería supoñer máis de despedimentos entre a factoría e a industria auxiliar.

Como explica Blanco, que está a seguir cada paso do conflito laboral, “sete meses levamos na Mariña Lucense en loita”. O vídeo amosa “moitas das accións e mobilizacións que, con tanta forza e pasión, se fixeron ao longo dos últimos meses nos pobos e vilas da Mariña, en Lugo, Santiago, A Coruña, Nigrán ou Madrid“, expón a autora.

“Alcoa, este tiburón, con todos os meus respectos aos tiburóns, está empeñado en arruinar a unha comarca enteira, por pura avaricia, negándose a vender a un comprador interesado e cun plan de futuro que, entre outras cousas, permitiría a España conservar a última planta de fabricación de aluminio que lle queda. Ao parecer canto máis gordo é o peixe, máis libre é e menos respaldo legal temos os pequenos ante a súa vontade e intereses. Non podemos deixar que siga sendo así. Na Mariña non nos rendemos, non imos deixar que nos arrebaten o que é noso“, argumenta Blanco.

O vídeo pode entenderse como unha continuación dunha anterior peza audiovisual realizada pola autora.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here