Alcoa reitera o peche de Avilés e A Coruña por “improdutivas” e os sindicatos serán “radicais”

Os sindicalistas convocados polo Goberno marcharon da reunión despois de que a multinacional insistise nos motivos esgrimidos para cerrar as fábricas

Protesta na Coruña. REBELIÓN ALUMINIO

A reunión convocada polo Goberno central este martes en Madrid, á que acudiron representantes de Alcoa, dos sindicatos e dos Executivos autonómicos de Galicia e Asturias, non tivo froito.

Segundo confirmaron fontes sindicais, a empresa reiterou a súa intención de pechar as fábricas de Avilés e A Coruña, o que fixo que os representantes dos sindicatos –Agustín Martín (CC OO) e Pedro Hojas (UGT)- marcharan da xuntanza, antes de asegurar que terán unha actitude “belicosa e radical”.

O director de Alcoa España, Rubén Bartolomé, resaltou durante a xuntanza a “improdutividade” das fábricas nas que a multinacional quere aplicar despedimentos colectivos, e ratificou os motivos expresados o pasado día 17 de outubro pola firma para clausurar as factorías.

“PLAN SOCIAL”

A empresa sinalou a súa intención de ofrecer “un plan social” para os afectados polos ERE de extinción, 369 traballadores na Coruña e 317 en Avilés.

O 31 COMEZAN AS CONSULTAS DOS ERE

Así as cousas, o 31 de outubro constituirase a mesa de negociación do conflito laboral. A partir de entón, os traballadores terán un prazo de 30 días para tentar que Alcoa retire os ERE de extinción anunciados.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here