O comité cre que “o desexable” sería “unha proposta” do Goberno na conciliación ou que Alcoa rectifique

Os sindicatos ven "unha tontería" celebrar o xuízo polo ERE, previsto para mañá xoves, cando a multinacional "quedou sen argumentos" pola caída do prezo da luz e a subida do do aluminio

Imaxe da concentración nocturna polo futuro de Alcoa San Cibrao. CARLOS CASTRO/EP/GC

EFE. O comité de empresa de Alcoa San Cibrao opina que “o desexable” neste momento é que mañá, no acto de conciliación coa empresa previo ao comezo do xuízo no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) pola demanda do proceso de despedimento colectivo, sexa presentada algunha “proposta” que evite o inicio da vista oral.

O presidente do comité de empresa, José Antonio Zan, opina que sería “unha tontería” forzar a celebración do xuízo, especialmente neste momento, cando a multinacional quedou “sen argumentos” para xustificar a aplicación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE), co “prezo da tonelada de aluminio máis alto que nunca” e a tarifa eléctrica “máis baixa” dos últimos anos.

Por iso, non perde a esperanza de que nese acto de conciliación o Goberno de España “presente algunha proposta” que permita “desbloquealo todo” ou que Alcoa acceda finalmente á negociación para a venda da planta.

Zan confía no criterio dos xuíces do TSXG, porque ata agora fixeron “un traballo xurídico impecable” e, ademais, “moi rápido”. “Non podemos dicir nada malo deles. foron máis que profesionais. Teñen o noso apoio”, dixo Zan, quen tamén confía en que acaben por darlles “a razón” aos traballadores contra o proceso de despedimento colectivo”.

A conciliación está prevista para as 9.15 horas, previa ao xuízo, e o proceso poderase seguir en streaming.

Os traballadores farán unha concentración cun acto sorpresa ás 11.00 horas ás portas da fábrica, desde onde se poderá seguir o xuízo.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here