InicioEconomíaO comité europeo demandará a Alcoa por "incumprir" o período de consultas...

O comité europeo demandará a Alcoa por “incumprir” o período de consultas preceptivo

Os representantes dos traballadores esperan que a xustiza holandesa "sexa áxil" e que atenda a denuncia antes de que expiren os 30 días de negociacións que comezan o 31 de outubro

Publicada o

- Advertisement -

O comité europeo de Alcoa confirmou este luns que iniciou os trámites para demandar á multinacional do aluminio ao entender que a empresa “incumpriu a normativa” ao “non abrir un período de consultas preceptivo” ao anuncio de peche das fábricas de Avilés e A Coruña.

Os representantes dos traballadores presentaron un paquete de “alternativas” á empresa para evitar os peches das fábricas e ofrecéronlle á directiva un prazo para “dar marcha atrás na súa actitude”.

O prazo rematou este luns sen que houbese “unha rectificación”, segundo expón o presidente do comité europeo, José Luis Combarro. Por iso, o sindicalista asegura que “imos levar este conflito aos tribunais holandeses“.

A empresa segue adiante cos despedimentos e a nós comunicounos un feito, e non unha intención. Non houbo un proceso de información e consultas, como establece o regulamento, senón un plantexamento pechado”, explica.

“TEMOS POUCO TEMPO”

Combarro sinala que axilizarán ao máximo a tramitación da denuncia e agarda que a xustiza holandesa sexa “rápida, porque temos pouco tempo“.

O sindicalista espera que os tribunais atendan a demanda antes de que expire o período de consultas de trinta días convocado pola multinacional, que comeza o vindeiro mércores, 31 de outubro.

A FÁBRICA DE ITALIA, “EXEMPLO”

Combarro expón que ao longo das negociacións insistirán en que “hai solucións” alternativas aos despedimentos colectivos. O presidente do comité pon como exemplo “a fábrica de Italia, que pechou hai cinco anos. Unha empresa comprou esa factoría, vai facer un investimento importante e van retomar o traballo no 2020“.

MARCHA DOS TRABALLADORES DA CORUÑA

Por outra banda, os traballadores de Alcoa na Coruña manifestáronse na tarde deste luns contra o peche das fábricas.

Os obreiros marcharon en roupa de traballo desde a planta coruñesa ata a delegación do Goberno central. Unhas mil persoas participaron na marcha para esixir á multinacional que reconsidere o peche das fabriñas coruñesa e avilesina, que empregan a 317 e 369 persoas, respectivamente.

Os manifestantes reivindicaron “unha solución ao problema enerxético” como chave para desbloquear o conflito laboral.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...