InicioEconomíaO Goberno estuda recorrer o ERE de Alcoa "para gañar tempo" de...

O Goberno estuda recorrer o ERE de Alcoa “para gañar tempo” de cara a unha compra das plantas

O Executivo cre que o documento presentado pola multinacional do aluminio "contén erros"

Publicada o

- Advertisement -

A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, asegurou este mércores que Goberno central baralla recorrer o Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) de extinción que Alcoa presentou para dúas das súas tres fábricas españolas, as de Avilés e A Coruña.

Segundo o Executivo, o documento presentados pola multinacional do aluminio contén “erros”, de xeito que alegar premitiría “gañar tempo” para que “inversores internacionais” podan presentar ofertas polas plantas

O comité europeo xa anunciou o pasado luns a presentación dunha demanda ante os tribunais holandeses porque Alcoa “incumpriu” o período de consultas preceptivo que establece o regulamento.

O 8-N, REUNIÓN COAS AUTONOMÍAS

A ministra confirmou tamén que o 8 de novembro haberá unha xuntanza cos presidentes da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do Principado de Asturias, Javier Fernández, para “coordinar actuacións”.

MESA DE TRABALLO COS SINDICATOS

A representante do Goberno español asegurou que os comités de empresa das plantas que Alcoa prevé pechar fixeron chegar ao Ministerio unha proposta para a constitución dunha mesa de traballo, para “coñecer de primeira man” a información relativa ao conflito laboral nas fábricas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...