InicioEconomíaAs confrarías prognostican "a perda de empresas e de emprego" tralo acordo...

As confrarías prognostican “a perda de empresas e de emprego” tralo acordo de TAC e cotas

Os pósitos ven "catastrófico" o pacto de Bruxelas, con descensos na pescada sur, o linguado do Cantábrico, o galo ou a raia

Publicada o

- Advertisement -

O presidente das confrarías galegas, José Antonio Pérez Sieira, tacha o acordo de Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas na UE para 2021 como “catastrófico”, cuns recortes que levan ao sector á “ruína” tras un ano “dramático” pola pandemia.

O presidente da Federación Galega de Confrarías denuncia que a frota galega “está moi preocupada“, porque “só se rebaixou un pouco” a baixada prevista para a pescada, que descende un 5%, mentres caen “unha chea” as posibilidades de pesca noutras especies.

Así, quéixase do descenso do 20% no linguado do Cantábrico, unido a diminución en especies como o lagostino, galo e abadexo. Tamén chama a atención sobre que”preocupa” para a pesca artesanal o descenso na raia, pois o primeiro trimestre de 1.380 toneladas agora “queda en 380 toneladas”.

“Isto lévanos á ruína totalmente, non sabemos se se van despezar barcos ou se se vai a ir ao paro, porque isto non é viable, é moito recorte o que fixeron en moitas especies”, clama.

A POSICIÓN DO SECTOR É “INSOSTIBLE” A NIVEL “ECONÓMICO E SOCIAL”

Pola súa banda, o presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores (FNCP) e patrón maior de Burela, Basilio Otero, cualificou de “decepción” o acordo da UE sobre capturas pesqueiras, porque “levará a perdas de empresas e de moitos postos de traballo”.

Otero reaccionou así, nunha declaración difundida por FNCP, ao acordo dos ministros de Pesca da UE sobre as cotas do Atlántico e o plan para recuperar a pesca do Mediterráneo, que reduce os días no mar nestas últimas augas.

A FNCP manifestou que a valoración do sector pesqueiro “é totalmente negativa” e que o resultado da negociacións “non é asumible”, porque se sitúa a esta actividade nunha posición “totalmente insostible” a nivel económico e social.

Así mesmo, as confrarías difundiron unha circular dirixida aos barcos e armadores de arrastre do Mediterráneo, na que critican específicamente a baixada do 7,5% nos días de faena nesas augas.

A FNCP sinalou que as medidas propostas na normativa do Mediterráneo afectan de forma “directa e grave a todo o modelo pesqueiro da baixura mediterránea, estruturas de servizo e comercialización e industria auxiliar”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...