InicioEconomíaA patronal lucense apoiará a Juan Vieites para presidir a CEG "pensando...

A patronal lucense apoiará a Juan Vieites para presidir a CEG “pensando na frota da Mariña”

Os empresarios da provincia cren que o secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe coñece a realidade do sector que se enfronta ás consecuencias do Brexit

Publicada o

- Advertisement -

O portavoz da Confederación de Empresarios de Lugo, Jaime López, anunciou que esta organización lanzará o xoves da semana que vén a candidatura do secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixe (Anfaco)Juan Vieites, para presidir a patronal galega.

Entre outras cuestións que levaron á CEL a propolo é que “hai elementos da conxuntura económica que afectan, e moitas veces descoñecen esa territorialidade marítima que ten a provincia de Lugo”. “Temos que pensar na nosa frota da Mariña, que é das máis relevantes no Gran Sol e en augas xurisdicionais británicas. E o Brexit está aí”, avisou.

De Vieites enxalzou que é “unha persoa que pode contribuír moito polo seu coñecemento e a súa experiencia” no sector marítimo e pesqueiro, ademais de no resto de sectores produtivos. “É o momento de pensar no que é importante para os nosos empresarios, neste caso no ámbito do mar e a pesca”, subliñou.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...