InicioEconomíaFeijóo cualifica de "preocupante" o acordo de pesca do Brexit

Feijóo cualifica de “preocupante” o acordo de pesca do Brexit

O presidente da Xunta reuniuse co ministro Planas, que matizou que foi unha negociación "complexa"

Publicada o

- Advertisement -

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, reivindicou este venres que a negociación do acordo do Brexit foi “complexa” e “dura”, na que tentou “limitar a afectación” á “presenza” da frota española, e por tanto galega, nas augas británicas.

Nunha rolda de prensa xunto ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, tras unha reunión mantida en Santiago, o ministro admitiu que o sector está “preocupado” polo seu presente e o seu futuro tralo acordo ratificado a finais de decembro, pero cualificou de “moi significativo” o feito de que se eliminaron aranceis no tráfico de mercadorías entre a Unión Europea e o Reino Unido.

Con todo, Feijóo non dubidou en tachar de “preocupante” o pacto do Brexit e en resaltar a “boa negociación” realizada polos británicos: “A pesca foi a última parte do divorcio e cando se deixa algo para o final é porque unha parte ten moito interese niso”.

E é que o acordo de saída da Unión Europea cede ao Reino Unido o 25 por cento das cotas de pesca, que se deben negociar en 2026, ademais da introdución no mercado comuitario dos seus produtos sen aranceis.

Por iso, Feijóo avanzou que a Xunta buscará “coñecer a letra pequena” do acordo e prevé trasladar ao Ministerio, á Comisión e ao Parlamento europeo -para que “coñezan” que Galicia é “a primeira potencia de Europa“- dous informes relativos ao impacto que terá na actividade extractiva e en “as situacións xurídicas” que se producen no sector.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...