InicioEconomíaAdiado ata maio o xuízo contra Alcoa por "usar empresas pantalla" para...

Adiado ata maio o xuízo contra Alcoa por “usar empresas pantalla” para desvincularse da Coruña e Avilés

A vista, prevista para o xoves e na que varios sindicatos ían reclamar a declaración solidaria de todas as empresas demandadas, queda suspendida

Publicada o

- Advertisement -

EFE. A Audiencia Nacional aprazou ata o próximo maio o xuízo pola demanda de varios sindicatos contra a multinacional Alcoa, o fondo suizo Parter Capital, que comprou as plantas de Avilés (Asturias) e A Coruña, e o Grupo Riesgo, que as adquiriu posteriormente.

Segundo informaron a Efe fontes xurídicas, queda suspendida xa que logo a vista fixada para este xoves na que as organizacións, que defenden os dereitos dos traballadores das plantas do grupo Alcoa Inespal que foron vendidas, ían reclamar a declaración solidaria de todas as empresas demandadas.

Para os demandantes, incumpríronse os acordos alcanzados o 15 de xaneiro e o 4 de xullo de 2019 no expediente de regulación de emprego (ERE), que, entenden, seguen vixentes.

Desde a Confederación de Cuadros y Profesionales consideran que Alcoa é responsable polos incumprimentos dos compradores das plantas, que -afirman- non executaron o plan industrial pactado entre os traballadores e a multinacional estadounidense, garante da eecución dos investimentos e do cumprimento do plan industrial.

Pero tamén por elixir como comprador a Parter Capital, que non reunía as características esixidas e pactadas para a estabilidade das dúas plantas e os seus persoais.

Ademais, apuntan, os traballadores rexeitaron indemnizacións moi superiores ás legais para apostar pola viabilidade das plantas e os seus postos de traballo.

Na súa opinión, a operación puido ser unha venda instrumentalizada “a través de empresas pantalla” para desvincular formalmente a Alcoa da titularidade e xestión de ambas fábricas, así como das responsabilidades de ámbito laboral.

QUERELA

Esta acción é paralela á querela interposta pola Confederación por un suposto delito de estafa agravada, insolvencia punible e apropiación indebida, contra Alcoa e outras dezaoito persoas físicas e xurídicas por supostas irregularidades na venda destas plantas.

A querela foi admitida a trámite o pasado decembro pola xuíz da Audiencia Nacional María Tardón, que xa se atopa á espera dos informes policiais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...