Convocada para o vindeiro luns a mesa multilateral polo futuro da planta de aluminio

Alcoa comunicou aos sindicatos o envío dunha 'term sheet' ou proposta de condicións xerais para a venda, sobre a que por agora non trascendeu resposta por parte da SEPI

Planta de aluminio de Alcoa San Cibrao. WIKIPEDIA

O comité de empresa de Alcoa San Cibrao anunciou este xoves que recibiu a convocatoria por parte da multinacional para a celebración da mesa multilateral polo futuro da planta de aluminio de San Cibrao, sobre a que a compañía e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) negocian unha venda.

A cita, segundo concretou o organismo de representación dos traballadores, será o vindeiro luns, de xeito telemático, de 11.30 a 12.30 horas. Participarán o comité, cargos a nivel estatal dos sindicatos con representantes no mesmo –CC OO, CIG e UGT-, o Goberno central e a Xunta de Galicia.

Alcoa comunicou aos sindicatos o envío dunha ‘term sheet’ ou proposta de condicións xerais para a venda, sobre a que por agora non trascendeu resposta por parte da SEPI. Un acordo sobre esta primeira parte da negociación permitiría avanzar cara os pormenores dun traspaso. Os obreiros suspenderon temporalmente a folga que mantiñan desde outubro para facilitar as conversas, rematando o pacto coa compañía no mes de abril. A alumineira estadounidense, mentres, mantén aberta a vía xudicial ao presentar recurso contra a nulidade do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado na fábrica.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here