Conde: “se Alcoa negocia de boa fe pode haber acordo en breve, porque polas Administracións non vai quedar”

"Somos optimistas", asegura o conselleiro de Industria sobre unha venda da planta de aluminio

Traballadores de Alcoa e veciños, na manifestación de Foz. ELISEO TRIGO/EFE

EFE. O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresas e Innovación da Xunta de Galicia, Francisco Conde, confía en que a multinacional Alcoa sentouse a negociar coa Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) “con boa fe”, de forma que o acordo para a venda da planta de aluminio primario se poida pechar canto antes.

Nunha entrevista emitida en Cope Lugo, Conde dixo que “se isto é así”, “coa participación da Xunta de Galicia e da SEPI”, ese acordo podería estar cerca, porque “por parte das Administracións non vai quedar”.

“Somos optimistas, porque se pode chegar a un acordo” para a venda da planta “nun breve prazo de tempo”.

O propio comité de empresa de Alcoa San Cibrao informou, logo da reunión da primeira mesa multilateral para informar sobre a marcha das negociacións, de que a intención de Alcoa e da SEPI é pechar un acordo antes do 30 de abril.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here